VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Dirección Xeral de Protección Civil da Xunta de Galicia, dependente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, avisa dun episodio meteorolóxico adverso por temperaturas extremas mínimas nas provincias de Lugo e Ourense a partir das 00.00 horas de este domingo 11 de xaneiro.
Nos concellos de montaña das provincias de Ourense e Lugo espéranse temperaturas mínimas extremas de arredor de 10 grados baixo cero, mentres que, para os concellos da zona sur da provincia de Ourense, hai aviso de temperaturas de arredor de 8 grados baixo cero. A previsión é que a alerta laranxa baixe a nivel amarelo a partir do mediodía.
Protección Civil recomenda consultar a información actualizada sobre o estado das estradas e a páxina web do Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e enlaces de interese.