REDONDELA (MORRAZO-tribuna) .-O CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE REDONDELA CELEBRA ESTE SÁBADO O IV CERTAME DA ROSA - Premios ás modalidades de centro, floreiro e rosa individual e actuación da Coral Santiago Apóstol de Redondela
Véspera do Día das Letras Galegas, o Centro Sociocomunitario de Redondela celebra este sábado, 16 de maio, a cuatra edición do Certame da Rosa.
De 10.00 a 13.00 horas terá lugar a recepción dos participantes, que deberán traer as rosas nas modalidades de centro, floreiro e/ou rosa individual. Pola tarde, ás 19.00 horas, darase a coñecer ós gañadores, un primeiro premio para cada unha das modalidades. Trala entrega de galardóns, actuará a Coral Santiago Apóstol de Redondela.