15 mayo 2009

Bieto Lobeira plantea en el Parlamento la falcatruada de Repsol en el puerto de Aldán

CANGAS (MORRAZO-tribuna) .- O portavoz do BNG en materia de Pesca e Asuntos Marítimos, Bieito Lobeira, vén de rexistrar unha serie de iniciativas parlamentares nas que se interesa pola necesidade de que os protos galegos conten con subministración de combustíbel pesqueiro.
O deputado nacionalista menciona o caso concreto do peirao de Aldán, no que, tal e como apunta, a compañía petrolífera REPSOL decidíu pechar o subministro deste tipo de combustíbel dado que, segundo indica, “non obtén o beneficio que considera óptimo nesta instalación”.

Mais, o certo é que o problema padéceno en primeira instancia os membros do colectivo de mariñeiros e mariscadores a frote que viñan utilizando de xeito habitual este servizo.
En opinión do deputado do BNG, cumpre emprender accións de defensa e extensión do subministro de combustíbel con instalacións fixas, en porto e a prezos razoábeis.
Xa que logo, Lobeira pergunta que medidas ten previsto adoptar a Consellaría do Mar para dar cumprimento a esta necesidade do sector no peirao de Aldán.