11 mayo 2009

Ayudas de Deputación a los Concellos para la promoción turística

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .Os Concellos, Mancomunidades e entidades sen ánimo de lucro da provincia que realicen actividades relacionadas co Turismo dispoñen de prazo ata o 8 de xuño para solicitar as subvencións que concede o organismo autónomo Turismo Rías Baixas para a elaboración de material de información turística en forma de folletos, guías, mapas, carteis, ou posters. O organismo dependente da Deputación destinará a esta iniciativa una dotación económica de 100.000 euros.
A contía da subvención non poderá superar as seguintes porcentaxes dos presupostos presentados polas entidades: o 50% de subvención para o material que se realice seguindo tódolos criterios de deseño que establece Turismo Rías Baixas; o 40 % de subvención para o material que editen os Concellos declarados Concellos Turísticos Galegos pola Xunta de Galicia; e o 30 % de subvención para o material promocional do resto de entidades.
No caso de que ás peticións recibidas excedan da partida orzamentaria prevista, os técnicos de Turismo farán unha proposta razoada en función dos criterios de valoración. A subvención nunca poderá exceder os 5.000 euros por entidade solicitante.
Co fin de favorecer unha harmonización dos deseños o material subvencionado debe utilizar a toponimia oficial e de empregarse a lingua galega debe ser o galego normativo. Así mesmo No material figurarán a imaxe de marca (logotipos actualizados) de Turismo Rías Baixas”, “Deputación de Pontevedra” respectivamente. Así coma o dominio www.riasbaixas.org e www.depo.es.
As solicitudes presentaranse no Rexistro do O.A.L. Turismo Rías Baixas, de luns a venres en horario de 09:00 a 13:00 horas, durante 30 días naturais á contar dende o día seguinte a data de publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Os proxectos serán valorados polos técnicos de Turismo que terán en conta criterios como a harmonización co material de Turismo Rías Baixas; a calidade e innovación da edición; que o material integre e cohesione a oferta turística provincial con carácter supramunicipal; a edición de material promocional dirixido a potenciar novos produtos turísticos que incrementen a diversificación e competitividade do sector.