No seu día, un organismo da Deputación de Pontevedra _o Organismo Autónomo de Recadación de Arbitrios e Tasas Locais (ORAL)_ promoveu, a instancias do seu responsable, o vicepresidente da Deputación, Xosé Crespo, ante a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) unha proposta para que estes parques cotizasen, por primeira vez, como Bens Inmobles de Características Especiais (BICES).
Como consecuencia da antedita iniciativa, o Tribunal Supremo inclueu os parques eólicos como BICES e fixou unha nova distribución de cotas. Con anterioridade a esta setenza ningún concello percibía cantidade algunha por este concepto.
A Deputación acaba de informar ós 14 concellos afectados pola medida o importe das cotas do IBI que lles corresponden para o ano 2009. Desglosado por concellos, o importe total de 663.447 euros queda distribuido así:
Agolada…………………..….3.482 euros (tén 18 aeroxeneradores instalados)
Arbo………………………….24.392 euros (53)
Caldas de Reis……………21.110 euros (11)
A Cañiza…………………….84.732 euros (90)
Catoira………………………27.095 euros (11)
Cerdedo…………………….32.118 euros (53)
Cotobade…………………..17.647 euros (97)
Covelo………………………104.298 euros (156)
Lalín………………………….163.541 euros (187)
A Lama……………………….65.057 euros (100)
As Neves…………………….33.740 euros (53)
Silleda…………………………18.984 euros (75)
Vila de Cruces……………..14.508 euros (37)
Rodeiro……………………….52.743 euros (80)
Na provincia de Pontevedra, hai outros tres concellos que contan con aeroxeneradores: Mondariz (53 en construcción), Forcarei (172) e Vilagarcía de Arousa (11). Nos dous últimos casos, estes concellos non teñen delegado no ORAL o cobro do IBI.
A Deputación pretendía que o Catastro fixase unha cuota tendo en conta o valor dos parques e as horas de vento. Deste xeito, incrementaríanse os ingresos dos concellos pois, a título de exemplo, cada aeroxenerador (molinillo) tén un coste de 600.000 euros (cen millóns das antigas pesetas). Pero o Catastro fixou a cuota tendo en conta a potencia instalada e a superficie de territorio ocupada.
O presidente da Deputación,Rafael Louzán, indicou que
Recentemente, a Deputación de Pontevedra xa gañou xudicialmente un recurso presentado ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en virtude de cuia sentenza a empresa Enerfín foi obrigada a pagar ó Concello de Rodeiro 85.764 euros en concepto da tasa de inicio de actividades (INCIO) e do IAE dos anos 2006 e 2007.