11 mayo 2009

Buenas palabras de la conselleira de Pesca sobre el papel de Galicia pero...ya veremos

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .A conselleira do Mar, Rosa Quintana, afirmou na fin de semana que “Galicia quere e ten que seguir liderando o sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola no contexto internacional, pola capacidade da súa flota, as calidades das súas xentes, a riqueza das súas costas e pola súa condición atlántica”. 

Rosa Quintana, que interveu no acto de celebración do día de Europa na estación Marítima de Vigo, reclamou un papel salientado para Galicia na reforma da Política Pesqueira Común, dado o peso específico que o sector pesqueiro galego ten en España e no conxunto da Unión Europea. Ademais sinalou que “a reforma da Política Pesqueira Común deberá ter moi en conta os nosos xuros”.

A conselleira asegurou que “traballaremos para que a futura política pesqueira comunitaria garanta a sostenibilidade dos recursos, un sector pesqueiro saneado e cada día menos dependente das axudas públicas”.

A titular da Consellería do Mar se referiu a os fondos procedentes da Unión Europea para contribuír á sostenibilidade do medio mariño e aos retos de futuro. “Sabemos os desafíos que temos por diante e iso esixe unha actitude xenerosa e positiva diante dos novos retos que se nos presentan. Pero podedes estar seguros de que non escatimaremos esforzos para que, coa reforma da política pesqueira, busquemos as mellores solucións".

“Debemos aproveitar esta reestruturación do sector para gañar en competitividade e eficiencia, de xeito que consolidemos o noso liderado a nivel mundial”, agregou. 

Engadiu que “a pertenza de España á Unión Europea contribuíu, decididamente, a que un sector clave da economía galega, como é a pesca, experimente unha importante reconversión. Europa supuxo para Galicia, como principal porto pesqueiro comunitario, un reforzo a través das diversas políticas desenvolvidas e dos fondos recibidos". Pero “agora debemos aproveitar esta reestruturación do sector para gañar en competitividade e eficiencia, de xeito que consolidemos o noso liderado a nivel mundial”, agregou. 

Rosa Quintana salientou a importancia do papel que desempeña a Axencia Europea de Pesca como órgano comunitario, tanto na política de control pesqueiro como nos futuros Plans de Desenvolvemento Conxunto. "Traballarei para continuar coa construción europea e coa conformación dunha nova política pesqueira común, cun espírito de total colaboración, pero que fará oír todas as reclamacións e achegas que, diante dos desafíos do sector pesqueiro, podamos realizar", concluíu