VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-CCOO informa que as denuncias, sen fundamento, presentadas diante da Xunta de Persoal Funcionario da Provincia de Pontevedra, por un grupo de Inspectores Veterinarios de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, podería enmarcarse nunha campaña que só pretende a destitución dos Xefes do Servicio de Protección da Saúde de Pontevedra e a do Xefe de Zona de Vigo, e nin conta co respaldo da maioría dos Inspectores Veterinarios da Zona de Vigo, nin se enmarca en planteamentos de mellora da calidade dun servicio público esencial como é a inspección alimentaria.
Esta campaña “de acoso e derribo” montada artificialmente por un grupo minoritario de Inspectores Veterinarios, en desacordo coas propostas de mellora na inspección alimentaria de Vigo promovidas por ámbalas dúas xefaturas, a xuízo de CCOO non pode ser amparada pola Xunta de Persoal Funcionario, pois vai xuntamente en contra da mellora dos servicios públicos que tódalas organizacións sindicais defendemos.
O feito de que aparecesen na prensa, de que estes Inspectores Veterinarios só se relacionaban cos seus superiores só por escrito, é a proba mais de que non buscan a mellora do servicio, mais ben podería dicirse que estas actitudes o que realmente pretenden e entorpecer de forma irresponsable o bo funcionamento da unidade de Inspección Alimentaria de Vigo.
Para CCOO resulta paradóxico que a Xunta de Persoal que representa a tódolos funcionarios/as, atenda só as denuncias de unhos veterinarios e nembargantes non se fagan eco do escrito que lle remitiu outro grupo de veterinarios é que di literalmente: “Nós, sentímonos tamén víctimas da situación creada por eles... pola falta de motivación que supón que se atendan as reivindicacións de uns compañeiros con semellante actitude, fronte ao traballo e á dedicación do resto dos empregados públicos”..
Por ultimo CCOO considera que darlle cobertura, por parte da Xunta de Persoal Funcionario, as denuncias, sen fundamento, deste grupo de Inspectores Veterinarios, constitúe unha grave irresponsabilidade, que pode afectar de xeito negativo o funcionamento dun servicio esencial como é a inspección alimentaria na Zona de Vigo. Estes feitos en definitiva só demostran a necesidade urxente da elaboración dun regulamento de funciones que estableza o funcionamento deste corpo de inspección, regulamento esixido por CCOO desde o ano 2001 e que tanto a anterior administración do PP como a do bipartito se habían comprometido a elaborar, e ata de agora nunca se levou a cabo.