20 mayo 2009

Danza : DANESGA, este sábado,
nas rúas de Ferrol

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O sábado 23 de maio a asociación profesional DANESGA participa no Encontro da diversidade, organizado polo concello de Ferrol.
Catro dos seus integrantes bailan pezas de rúa nunha mostra de danza contemporánea feita en Galicia. Unha das características no panorama da creación galega é a diversidade, reflexada neste encontro.

Participan:
Entremáns. Cía de danza contemporánea
Experimentadanza Cía de danza contemporánea
Uxía P. Vaello. Danza contemporánea
Traspediante. Danza contemporánea

Sábado 23 de maio
Hora: 19:30 - 20:30
Cantón de Molíns. Ferrol