VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A Consellería de Educación ten previsto convocar, como todos os anos á Mesa Sectorial, na que están presentes os sindicatos, para coñecer ás súas propostas e poder negociar sobre hipotéticos reagrupamentos de alumnos e sobre o catálogo do profesorado resultante.
Como todos os anos, a Consellería encargou aos seus inspectores que propuxeran un catálogo de grupos de alumnos, tendo en conta que a excepcionalidade de atoparse con aulas de menos de 25 alumnos, sobre todo no rural, xa se converteu nunha norma, habida conta de que neste entorno a maioría das aulas contan coa metade ou menos desa cifra de alumnos.
Como queira que en cursos anteriores os criterios de reagrupamento variaban segundo a zona de Galicia da que se tratara, a Consellería estimou conveniente suxerir para toda Comunidade Autónoma uns criterios xerais unificados a aplicar nestas situacións excepcionais, e perfectamente acordes coa normativa vixente. Unha vez se conte coas propostas dos inspectores, a Consellería convocará a Mesa Sectorial.
Por todo o anteriormente exposto sorprende a reacción suscitada en determinados medios sindicais que coñecen a mecánica exposta, semellante á de anos anteriores.