20 mayo 2009

Deputación mejora la
carretera Peinador-Louredo

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, na súa xunta de goberno, un convenio de colaboración co Concello de Mos para a mellora da seguridade vial na estrada Peinador-Louredo cun custe total estimado en 1,2 millóns de euros. A Deputación aportará 905.611 euros e o Concello de Mos 301.870.
A mellora de seguridade vial na devandita zona foi un asunto moi demandado polos veciños en vista de que trátase dunha zona con alta densidade de tráfico e, particularmente, de paso de vehículos pesados. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, agradeceu hoxe, na rolda de prensa posterior á xunta de goberno, a colaboración e boa disposición dos veciños á hora de ceder terreos e facilitar os traballos.
O proxecto de mellora de seguridade vial na estrada Peinador-Louredo prevé movimentos de terras, afirmado, drenaxe, muros, instalación de fecais, abastecemento e alumeados, sinalización, balizamento e defensas, aceras, bordillos e reposicións varias dende a rotonda de Peinador ata o polígono de A Rufana pasando por Cruceiro e Rexomil (Guizán).
A nova estrada terá dous carrís de 3 metros cada un, dous arcéns ou aparcamentos de 0,50 ou 2 metros nalgúns lugares, e dúas aceras de 1,50 metros cada unha.
Os investimentos precisos para realizar as obras serán achegadas dentro das anualidades do periodo 2009 e 2011 cunha aportación total da Deputación de 905.611 euros e de 301.870 euros por parte do Concello de Mos.