08 mayo 2009

El Bloque pide al Gobierno que le diga a Pascual que no nos toque las narices en Lugo...

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-Os parlamentares do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila e Francisco Jorquera, rexistraron esta mañá unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que peden ao Goberno que, en colaboración coa Xunta, realice as xestións pertinentes ante a empresa Pascual a fin de buscar as solucións que eviten o peche da planta de transformación de leite de Outeiro de Rei (Lugo).

Ademáis, nesta iniciativa preguntan ao Goberno se Pascual recibiu subvencións estatais ou europeas para o desenvolvemento da súa actividade na planta luguesa.

A situación do sector lácteo complícase cada vez máis

Para os parlamentares nacionalistas, “a situación do sector lácteo complícase cada vez máis debido a unha sumatorio de factores que están aprofundando a grave crise pola que atravesan os gandeiros, e que lles deixan pouca marxe para poder continuar coas súas produccións e poder proxectar o seu futuro”.

Neste sentido, sinalan que “ao problema da caída dos prezos en orixe que está asfixiando a economía dos productores, agora se engaden outros problemas como o peche de plantas transformadoras do leite. É o caso da planta que Pascual posee en Outeiro de Rei e que leva máis de 15 anos en funcionamento”.

Qué pasará co leite de máis de 300 productores?

Os parlamentares do BNG trasladan ao Goberno a súa preocupación pola perda de postos de traballo que esta decisión conlevará, xa que “non só deixará no paro aos seus 155 traballadores senón que tamén incidirá en moitos empregos indirectos. Nesa liña, explican que “Pascual recollía o leite a máis de 300 explotacións gandeiras o que preocupa aos productores xa que o excedente de materia prima disponíbel no mercado aumenta, cuestión que precisamente non vai incidir na mellora dos prezos do leite en orixe”.