VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Feijóo xa ten unha nova equipa ao frente do PP galego. A designación do ourensán Antonio Rodríguez Miranda como vicesecretario e portavoz do PPdeG, un posto de nova creación que o converte en número tres do partido, contraresta os cargos procedentes das provincias da Coruña e Pontevedra na nova cúpula. Por Pontevedra, con Feijoo e Alfonso Rueda, secretario xeral, están no primeiro escalafón Marta Rodríguez e José Manuel Figueroa, que ocupan sendas vicesecretarías; e os portavoces Alejandro Gómez e Xosé Crespo, que segue na executiva. A Coruña está representada nas vicesecretarías por José Manuel Rei, portavoz municipal en Ferrol; e por Pedro Puy, Marta González, Pedro Arias e Mar Sánchez, que ostentan portavocías.
Os únicos lucenses no núcleo duro son Xosé Manuel Barreiro, que segue como vicepresidente; e Susana López Abella, que deixa unha das cinco vicesecretarías para coordinar a área de Benestar, que xa leva na Xunta. Ourense aguanta mellor, coa elección de Rodríguez Miranda e a continuidade de Rosendo Fernández como vicesecretario. A representación da provincia de Baltar complétase con José Santiago Camba e con Juan Manuel Jiménez, alcalde de Verín.
Feijoo prescinde na nova executiva dos restos do fraguismo. Nin Xesús Palmou, nin José Antonio Orza, nin Aurelio Miras Portugal terán cargos de responsabilidade no PPdeG.