08 mayo 2009

El Sueño de Morfeo: estrela das vindeiras Festas da Rosa en Mos

MOS (MORRAZO-tribuna) .- A concelleira de Cultura de Mos, Sandra Temes, adiantou hoxe algúns datos sobre a programación da Festa da Rosa 2009. Fixo fincapé sobre todo nos tres pratosfortes do programa que son o concerto de El Sueño de Morfeo, que terá lugar o día 12 de xuño, a actuación das orquestras Miramar e Charlestton o día 13 e o Xantar Popular que se celebrará tamén o 13 de xuño.
Temes declarou esta mañán que "pese a ter unha partida orzamentaria moi reducida, faremos a mellor Festa da Rosa que se leva feito ata o de agoragracias a que contamos coa colaboración da consellería de Cultura e a Deputación de Pontevedra".
O concerto que dará El Sueño de Morfeo realizarase o día 12 de xuño no campo defútbol de Guizán a partir das 23.00 horas. A entrada será libre e gratuíta ata completar o aforo. A edil responsable de Cultura explicou hoxe que "tivemos asorte de poder contratar a este popular grupo con antelación e a sorte de que dentro de 20 días estreen o seu novo traballo, un disco que presentarán en Moscando veñan a dar o concerto do día 12 do mes que ven".
Sandra Temes informou de que "coa entrada libre e gratuíta pretendemos facerfronte ós tempos de crise que se están a vivir en Mos e que, a pesares dos momentos de adversidade, os mosenses desfruten e obteñamos a máxima afluencia posible". A concelleira expresou tamén a súa satisfacción co programa elaboradoxa que "é a primeira vez que teremos unhas festas tan completas, variadas everdadeiramente á altura do Concello de Mos", dixo Temes. E é que este anoquéreselle dar especial protagonismo a todas e cada unha das parroquias mosenses achegando as festas a elas e logrando que os seus veciños se acheguen á Festa.
Temes Arnosi definiu a programación da nova edición das Festas da Rosa como "moiambiciosa e completa, xa que abarca teatro, cine, música, etc.; e a música é detodo tipo, posto que haberá dende un macro concerto de pop ata actuacións decoros e orquestras". "A programación é variada e moi participativa: vaidirixida a tódolos públicos; haberá actividades para os nenos e tamén para osmáis maiores", concluiu a concelleira. Non podía ser doutro xeito xa que setrata dun programa moi longo no tempo. As festas durarán vinte días e darán comenzo o primeiro de xuño.