A CORUÑA (MORRAZO-tribuna) .-O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reiterou hoxe a disposición do Goberno galego a acordar un financiamento autonómico equilibrado e acorde cos intereses de todas as administracións e tamén cos lexítimos intereses de Galicia. Durante o acto de toma de posesión de Antón Louro como novo delegado do Goberno en Galicia, Núñez Feijóo remarcou o compromiso do Executivo que preside por acordar un financiamento cunha dobre lealdade: “lealdade a esa idea de cooperación entre todas as administracións que somos Estado; e lealdade tamén aos lexítimos intereses de Galicia que, sen dúbida, ten nun apropiado financiamento unha das claves do seu desenvolvemento e do seu benestar futuro”, aseverou.
Na súa intervención, o presidente galego lembrou que o Estado, organizado en comunidades autónomas, ten a obriga de garantir a solidariedade e o equilibrio entre territorios, máis nun momento de crise económica como o que estamos a atravesar. “A crise económica non pode saldarse con prexuízos para as persoas máis desfavorecidas nin para as autonomías con menos renda”, remarcou. “Ninguén defende que os custes dos axustes recaian nos cidadáns con menor riqueza; sen embargo –engadiu-, escóitanse voces que propugnan unha especie de darwinismo autonómico no que os máis poderosos terían dereito a ser os máis beneficiados coa novo financiamento”.
“As comunidades son Estado”
O presidente da Xunta reflexionou ademais, sobre a relación entre o Estado e as comunidades autónomas. A este respecto indicou que nos últimos tempos se está introducindo unha idea “equivocada ou, cando menos, equívoca”, sobre a relación entre as comunidades autónomas e a Administración central, xa que se adoita falar da relación dunha determinada autonomía e o Estado, como se as autonomías fosen alleas ao Estado ou este tivera unha existencia independente das autonomías.
“Estamos diante dunha palmaria distorsión da letra e do espírito da nosa Constitución”, indicou Feijóo, remarcando que “as comunidades son Estado” e que a cooperación institucional, a visión do Estado “como un equipo capaz de coordinar respostas axeitadas á crise” xa non é só unha obriga que se deriva do espírito constitucional, senón “unha urxente necesidade”.
O presidente da Xunta considerou que a España das autonomías ten o reto “adicional” de demostrar que esta concepción territorial do Estado é unha ferramenta idónea para combater a crise e os seus efectos. Neste sentido, amosouse convencido de que a España das autonomías nos fai “máis fortes a todos” ao combinar “a defensa do propio coa implicación nas tarefas comúns”.
“Tamén cómpre axustar os mecanismos de cooperación”, argumentou o presidente da Xunta explicando que non debería ser algo “excepcional” ver aos presidentes autonómicos poñer en común os seus puntos de vista nunha mesma mesa ou lograr o “vello desexo” de transformar o Senado nunha cámara adaptada á distribución territorial do poder.
“Como galegos que somos sabemos que esas ideas de cooperación, entendemento e colaboración son propias da idiosincrasia do noso pobo”, concluíu Núñez Feijóo lembrando que ningunha sociedade como a nosa entende mellor que “a autonomía non afasta senón que achega”.
Colaboración do Goberno galego
O máximo mandatario autonómico pechou a súa intervención ofrecéndolle a colaboración do Executivo que preside ao novo delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, no que dixo ver “a un político dialogante que coñece dabondo a nosa terra”.