19 mayo 2009

Gastronomía y viajes



















____________________________________

A Festa da Troita, reclamo de Pontecaldelas

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O vicepresidente da Deputación e presidente do Padroado de Turismo Rías Baixas, José Manuel Figueroa, e o alcalde de Pontecaldelas, Perfecto Rodríguez, presentaron esta maña a XLIII Festa da Troita de Pontecaldelas.
Unha das notas máis salientables deste ano será o total apoio que o concello prestará ó desenvolvemento sustentable a través de distintas iniciativas que farán da Festa unha das máis novidosas do panorama lúdico e gastronómico da provincia.
Rodríguez explicou que “este ano se utilizará na degustación unha vaixela compostable, fabricada con 100% de pulpa de celulosa natural a partir de cañas de azúcar, desfeito da industra agroalimentaria reciclado en obxecto útil. Así mesmo, as servilletas e manteis serán de papel reutilizado e haberá varios puntos limpos móbiles”.
“Deste xeito”, apuntou, “preténdese que todos os residuos xerados poidan ser convertidos en compost que poderá ser empregado para fertilizar os xardíns municipais”. Así tamén, o concello ten distribuido bolsas de tela reempregables, imprimiu en papel reciclado todo o material publicitario e instalou alumeamento de baixo consumo, en verbas do alcalde, “porque esta Festa, pola súa natureza, está estreitamente ligada ó Medio Ambiente”.
Pola súa parte, o vicepresidente provincial salientou a importancia da Festa, “que comezou a celebrarse en 1967, polo que se trata dunha das máis antigas da provincia, e declarada de Interese Turístico Galego desde 2001”.
Figueroa, que anunciou que Turismo Rías Baixas dará cobertura dixital á festa “retransmitindo, a través da súa páxina web, os festexos”, aproveitou ó acto para facer un chamamento “a todos os amantes da boa gastronomía e das belas paisaxes, porque esta festa conxuga as dúas virtudes”.