A mostra “Outono no Courel” convida a facer unha viaxe dende o inquietante barullo da cidade ata o suave rumor dos montes máis virxes e profundos da nosa terra, O Courel. Deste xeito, as fotografías amosan os grandes contrastes de cor do outono, a orografía dos bosques e as devesas que abundan entre os pobos que compoñen esta zona e que permiten esquecer o vertixinoso ritmo das grandes metrópoles.
A seguinte mostra que acollerá a Casa da Xuxentude do 25 de maio ata o 5 de xuño será “Exprésate coas Cores e Manualidades”, unha mostra de traballos realizados por rapaces e rapazas durante o curso 2008/2009.