20 mayo 2009

La Xunta hará caso de las peticiones del Concello de Sanxenxo para la carretera con Vilalonga

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten a intención de acometer as obras de mellora da seguridade vial da estrada PO-504, no tramo situado entre as localidades pontevedresas de Sanxenxo e Vilalonga, incorporando as melloras propostas polo Concello de Sanxenxo. O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, compareceu esta mañá no Pleno do Parlamento para informar das previsións da Xunta de Galicia en relación con este proxecto que suporá un investimento de aproximadamente tres millóns de euros.

As melloras contempladas nesta actuación nacen tras distintos estudos, despois dun anterior proxecto redactado no ano 2006 e que non logrou o beneplácito dos afectado por estas obras. Tras a redacción doutra alternativa por parte do Concello de Sanxenxo, que tampouco acadou a conformidade do conxunto de veciños, realízanse unha serie de modificacións ao proxecto orixinal.

Nestes cambios destaca a execución dunha glorieta na encrucillada da Vichona, non recollida inicialmente, e que se considera o foco principal da siniestralidade, logrando tamén unha rebaixa no nivel de afección das expropiacións previstas. Sen embargo, provocaba un importe global maior ao incluír a expropiación dunha vivenda.

Hernández manifestou que a Xunta de Galicia ten determinado retomar o proxecto de seguridade viaria da estrada PO-504 contando coas achegas do concello de Sanxenxo e incluíndo novas melloras “coa intención de conciliar as determinacións técnicas e as lexítimas aspiracións do concello e dos veciños afectados”.