20 mayo 2009

Prometen desde la Xunta una rebaja paulatina de los peajes en las autopistas gallegas

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, anunciou esta mañá no Parlamento que o seu departamento terá preparada antes de que remate o ano unha proposta para reducir as peaxes nas autoestradas de titularidade autonómica. “Será unha iniciativa feita con coherencia, global, progresiva e universal”, salientou, polo que “esperamos contar co apoio de todos os grupos parlamentarios para sacar adiante esta cuestión”.

Trátase dun reto que debe pasar pola análise e o estudo da situación de cada un dos itinerarios e concesións. Precisou que nese estudo incluiranse todos os parámetros que incidan no proceso e que sexan determinantes.

Salientou que o Goberno aposta por unha política reflexiva e coherente, que trata de igualar o trato en todas as áreas de Galicia. Un comportamento ben distinto ao do bipartito, que eliminou peaxes de xeito improvisado, pero “a pesar das promesas de rebaixa gradual ata a eliminación, esquecéronse da autoestrada entre A Coruña e Carballo”. Salientou que o novo Goberno está a traballar para darlle a mellor das solucións posibles a este itinerario e ao resto de traxectos de pagamento que existen en Galicia.

Autoestrada Coruña-Carballo
Hernández acusou esta mañá ao Grupo Parlamentario Socialista “de entrarlle as presas e o apuro para que a Xunta actual faga o que eles –polo Goberno bipartito- deixaron sen facer”. Afirmou que na VI Lexislatura (2001-2005) presentaron seis iniciativas nas que se criticaba a existencia da peaxe na AG-55 e se propoñía a súa supresión, mentres que durante a lexislatura de Emilio Pérez Touriño non se rexistrou nin unha soa iniciativa do grupo parlamentario socialista sobre este tema.

Asemade, recordou que esta cuestión foi abordada a semana pasada na Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, polo que xa é a segunda ocasión na que o PSOE lle consulta ao Goberno por este tema en menos dunha semana.

“Isto demostra que a estrada A Coruña– Carballo foi unha cuestión que estivo desaparecida da axenda parlamentaria do PSOE nos últimos catro anos, e agora lémbranse do seu compromiso incumprido de liberar a peaxe e queren que outros lles quiten as castañas do lume”, declarou.

O conselleiro de Medio Ambiente destacou que xa no seu programa electoral, o Partido Popular propuxo abordar a peaxe entre A Coruña e Carballo, tratando de planificar unha fórmula que beneficiase ao conxunto dos cidadáns da zona. Lembrou que