VIGO (MORRAZO-tribuna) . -O Museo do Mar de Galicia, con motivo do Día das letras galegas, organiza mañá, xoves 21 de maio, ás 20.30 horas e no Salón de Actos, a conferencia Ramón Piñeiro e a Xeración Galaxia, que pronunciará o escritor Carlos Fernández.
A continuación, o Restaurante do Museo do Mar ofrecerá, para quen o desexe, unha cata de viños da adega Marqués de Bisoja. O seu prezo é de 15 euros.
Carlos Fernández, licenciado en Historia, profesor de filosofía e ensaísta, é membro do Consello de Redacción de revísta GRIAL e director dos Encontros de Mondariz-Balneario da Fundación Carlos Casares. Entre outras publicacións do escritor, atópase O pensamento epocal en Celestino Fernández de la Vega, polo que recibiu o premio Anxel Fole no ano 1988. Tamén escribiu O Vento do espírito. De Vicente Risco a Ramón Piñeiro, e foi coautor, con Ángel Rei Ballesteros, de Urda e mundo. Un ensaio sobre Rof Carballo, premiado, tamén co Anxel Fole, en 2007. Actualmente, é comisario, xunto a H. Monteagudo, da exposición itinerante sobre Ramón Piñeiro inaugurada o 17 de maio.