17 mayo 2009

Miles de persoas manifestanse en Compostela en defensa do Galego

COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .- Os organizadores entenden que foi todo un éxito. Resposta de milleiros de persoas e clima altamente reivindicativo. Miles de persoas, efectivamente, estiveron este mediodía en Compostela nunha manifestación en defensa do galego, que os seus promotores consideraron constitúe toda unha «mensaxe» ao PP e ao novo Goberno da Xunta, menxase "de que os cidadáns non queren unha «marcha atrás» no emprego do idioma galego".
O acto foi convocado pola Mesa pola Normalización Lingüística (MNL) e recibiu o apoio de numerosos colectivos sociais e educativos, así como forzas nacionalistas como a CIG ou o BNG.
Carlos Callón, lider da MNL dixo que "coa protesta tamén «queremos darlle unha mensaxe evidente» ao novo Goberno de Alberto Núñez Feijoo, que o consenso sobre a lingua reclamado polo presidente «xa existe, e a inmensa maioría da sociedade galega non vai pasar por ningún paso atrás en defensa da nosa lingua».
Carlos Callón referiuse á polémica en torno ao decreto do galego no ensino, que obriga a que se impartan 5 materias como mínimo neste idioma, e que Núñez Feijoo prometeu derrogar en campaña electoral.
Segundo o representante da MNL, este decreto está apoiado pola maior parte do sector educativo e movementos de renovación pedagóxica, polo que insistiu en que existe consenso e é necesario que o PP regrese a el.
Callón reclamou dalgúns membros do Goberno que se apropien do galego» posto que algún deles nin xurou o cargo neste idioma, manifestou.
O novo portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, apuntou que os miles de galegos que hoxe acoden á manifestación «dicímoslle ao PP que ten que dar marcha atrás á política que pretende levar adiante de acabar definitivamente co galego como idioma natural do noso país». Vázquez recordou ao PP que o Estatuto de autonomía di que a lingua propia de Galicia é o galego. «A eles que falan de igualdade -o PP- hai que dicirlles que o galego necesita a mesma igualdade legal que o castelán».