VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) . A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que traslada ao Goberno a preocupación de empresas mixtas galego-arxentinas pola solicitude de Arxentina de ampliar as súa augas territoriais até as 350 millas.
A deputada do BNG pón de manifesto que o Goberno arxentino solicitou hai pouco á Comisión de Límites da Plataforma Continental de Nacións Unidas, unha nova fixación dos límites exteriores da súa plataforma continental. E aínda que as razóns parecen estar na explotación de recursos naturais como o petróleo ou o gas natural, a medida xenerou “incertidume na frota galega que faena na zona”.
O BNG pede xestións ao Goberno para garantir os intereses das empresas galego-arxentinas
Lembra a parlamentar nacionalista que fronte ás costas arxentinas faenan uns 40 buques de capital galego que se poderían ver abocados a cambiar o seu estatus dentro das sociedades mixtas ou pasar a integrarse como empresas propiamente arxentinas para poder pescar na zonal.
Esa é a razón pola que se dirixe ao Goberno para preguntarlle que iniciativas ou xestións vai levar a cabo a fin de garantir os intereses da frota galego-arxentina que faena nesas augas.