19 mayo 2009

Solemne acto en el Palacio Provincial : homenaje a Filgueira Valverde y Rajoy Leloup

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Clima de emoción y solemnidad el habido anoche en el Palacio Provincial de Pontevedra para rendir homenaje a dos grandes figuras de Galicia, por desgracia ya desaparecidos : los señores Filgueira Valverde y Rajoy Leloup.
Nada mejor que aportar ahora las palabras pronunciadas por el Presidente de la Deputación pontevedra, Rafael Louzán Abal, para trazar así una semblanza de los dos homenajeados en un acto que abarrotó el salón noble del palacete de Montero Rios y donde se dieron cita numerosas caras conocidas, comenzando por Mariano Rajoy Brey, descendiente de Rajoy Leloup claro está.
------

NOMEAMENTO DE FILLO ADOPTIVO DA PROVINCIA A D. ENRIQUE RAJOY LELOUP E FILLO PREDILECTO DA PROVINCIA A D. XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

Boas tardes a todos e a todas...

Amañecer cada día co reto de facer algo por mellorar a vida das persoas que habitamos nesta provincia é o obxectivo principal da miña misión como presidente da Deputación de Pontevedra, para iso é preciso ter un profundo coñecemento da realidade que nos rodea e buscar, día a día, testemuños, e inquedanzas de todos aqueles que fixeron posible a orixe e o crecemento da nosa provincia.

Con este acto institucional pretendemos recoñecer e honrar a vida de dúas personalidades claves na historia de Pontevedra e de Galicia.

Dous exemplos de traballo, xenerosidade, entrega e fidelidade á construción e á proxección de Galicia, o seu país, a súa paixón. Dúas persoas que en vida traballaron a reo por enxalzar, esclarecer e difundir a nosa propia memoria histórica.

Hoxe teño a profunda convicción de que unha das misións claras desta institución, ademais de traballar pola mellora, pola xustiza e pola prosperidade da provincia, é preservar e transmitirlles ás xeracións vindeiras uns referentes da súa historia.

Referentes que amosen un xeito de ser, de traballar, de sentirse no mundo, de andar, e aínda de gozar ou de soñar.

Por iso esta institución vén contribuíndo nos últimos anos á recuperación da memoria histórica da nosa provincia, a memoria de todos aqueles que dende un ou outro lugar dedicaron parte da súa vida a construír o seu pobo. Unha memoria entendida non nun sentido ideolóxico, parcial, sectario ou unidireccional. Pretendemos recuperar a memoria de todos, sen sectarismos e sen consignas.

Por iso custodiamos con agarimo os documentos da nosa historia, e facémolo sobre personalidades coma Castelao, Portela Valladares, Bóveda, Alfredo Vincenti, Osorio Tafall, Laxeiro.....e moitos outros.

Pero tamén, e co mesmo empeño de tantos e tantos outros que, sen ter o protagonismo, a sona ou a proxección dos anteriormente citados, contribuíron decisivamente ó progreso, á mellora e o desenvolvemento en diversos campos dos seus lugares e vilas. E fixérono case sempre discreta, calada e moitas veces anonimamente, sen saír dos estreitos lindes de onde viviron. Por iso recuperamos tamén biografías e datos de persoeiros da historia local, de xentes que se dedicaron a velar pola saúde dos seus veciños, dos homes e mulleres que formaron as xeracións futuras; de emprendedores que posibilitaron postos de traballo; de creadores que imaxinaron formas, cores e mundos; de labregos, de mariñeiros e de emigrantes. De tódalas xentes do pasado que perviven en nós e que deixaron a súa pegada na memoria colectiva dos seus pobos.

Hoxe homenaxeamos de xeito especial a dúas persoas e facémolo outorgándolles o noso máximo recoñecemento, ó Excmo. Sr. D. Xosé Filgueira Valverde, novo Fillo Predilecto da provincia de Pontevedra, e ó Excmo. Sr. D. Enrique Rajoy Leloup como Fillo Adoptivo da Provincia.

Don Xosé Filgueira Valverde reúne, como acabamos de escoitar, sobrados méritos para acadar tal distinción. A súa obra, a súa achega a Pontevedra e a Galicia permanece viva entre nós, actual e inmortal. É o autor con máis obra de tódolos tempos en Galicia, dende Galicia e sobre Galicia. A súa produción cultural, en varios campos e facetas, fan del un auténtico humanista.

Filgueira dedicoulle gran parte da súa vida á docencia, a estudos filolóxicos, históricos e de investigación. Pola súa dedicación ó ensino recibiría o alcume do “vello profesor”.

Foi un dos fundadores do partido galeguista; constituíuse nun baluarte da defensa da cultura galega durante os anos do franquismo. Foi alcalde da súa cidade e o primeiro conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia.

Pero se cadra a súa obra máis transcendente foi a súa vinculación ó Museo de Pontevedra. Filgueira era o Museo, e o Museo era Filgueira. Un Museo que hoxe é un auténtico emblema da cidade, e cuxa proxección se debe en gran Medida a un neto dos que hoxe homenaxeamos, D. Mariano Rajoy Brey, que na súa etapa ó fronte do Ministerio de Cultura, contribuíu decisivamente a acadar este reto. Por isto grazas.

Don Xosé foi un home moi próximo que se preocupou por abrir as portas do museo ós demais, ós alumnos, ós colaboradores, a tantos e tantos nenos e nenas de Pontevedra aprendendo así a amar a Pontevedra, a súa cultura e a súa historia

A Deputación, o seu presidente, a Corporación somos conscientes da capital importancia da figura de D. Xosé Filgueira no Museo, na Deputación, en Pontevedra e en Galicia, e esta institución vén enaltecendo o seu labor dende hai moitos anos. Na Cátedra Filgueira, publicando a súas obras, ampliando o Museo e poñendo en valor a súa vida e a súa historia.

Hoxe, neste acto e co nomeamento de Fillo predilecto de Pontevedra, damos un paso máis no recoñecemento do traballo e a absoluta dedicación de Don Xosé, “do vello profesor” á súa cidade, á súa cultura, ó seu coñecemento, e a súa terra, Galicia, sabedores de que a súa mellor homenaxe é seguir apostando por mellorar todo aquilo que el comezou en pro da nosa terra.

Tamén, en pro da nosa terra, nace en Santiago Don Enrique Rajoy Leloup, de pais pontevedreses, concretamente de Forcarei, circunstancia que vinculou a súa vida e a da súa familia a esta provincia dende as súas orixes ata hoxe, día en que a título póstumo o nomeamos fillo adoptivo da provincia de Pontevedra.

Recoñecemos así a decisiva contribución de Pontevedra ó Estatuto de Autonomía de Galicia, o chamado Estatuto do 36, unindo o seu nome ós de Bóveda, Osorio Tafall e Portela Valladares, catro dos oito artífices do Estatuto.

Os seus méritos son tan extraordinarios coma discretos, xenerosos e altruístas. Poucas veces na historia de Galicia houbo unha persoa que lle dera tanto á Comunidade tan discreta, eficaz e elegantemente.

Rajoy Leloup foi un dos pais do Estatuto da Autonomía de Galicia aprobado na Asemblea de Concellos entre o 17 e o 19 de decembro de 1932. Foi secretario da Comisión Redactora do Estatuto e do Comité Central da Autonomía.

Actualmente vivimos un momento político no que está presente a confección dun novo Estatuto, podemos dicir que Rajoy foi un precursor e un visionario da Autonomía Galega. Para el o Estatuto debía ter tres claves, hoxe plenamente vixentes: consenso, pacto e Constitución. Pensaba que o réxime autonómico era para Galicia non só unha cuestión de dignidade senón unha oportunidade económica, cultural e social.

Traballou coa convicción de que “a autonomía, á vez que é unha honra para os galegos, constituía un ben para Galicia”.

O 2 de abril de 1933 Rajoy fai un chamamento a prol da autonomía para que a xente se prepare para votar, e así dicía:

“En fin gallegos: la autonomía y el Estatuto –que es su cauce jurídico básico- no nos reportarán más que beneficios, y permiten realizar todos los anhelos de renovación de la vida gallega, que nos conducirá a un mejor porvernir.

No hagáis caso pues, a los que en esta hora, decisiva, van contra la autonomía, porque eso es tanto como ir contra Galicia, contra el bien general de la región y equivale a querer destruir todas las esperanzas de un futuro más grato, por ser más digno para los gallegos, y más favorable para los intereses del país. Es necesario elevar los corazones, ayudar a los hombres de fe, que creen en Galicia, en su resurgimiento y despreciar a los que miran siempre las cosas a ras de tierra y, sin hacer nada positivo por el bien general, sólo actúan como aves de mal agüero, poniendo dificultades a todo, pero sin dar nunca una solución práctica para ningún problema encaminado al mejoramiento de la comunidad (.........) El Estatuto permitirá a Galicia recobrar su antigua personalidad y actuar en el mundo como célula de universalidad, y en el interior como señora de sus propios destinos, administrando por sí, sus peculiares intereses, y dictando sus propias leyes, todo ello dentro de la comunidad española y sin detrimento de su unidad”.

Estas palabras de Rajoy pronunciadas fai 75 anos son hoxe plenamente asumibles e están ó meu entender, máis vixentes que nunca. Por isto, polo seu traballo e pola súa dedicación a Galicia, temos, como xa dixo Portela Valladares, unha débeda de gratitude polo intelixente e magnífico labor en prol do Estatuto, de Pontevedra e de Galicia. Aquí hoxe o noso agradecemento expreso.

Remato xa, desexando que ese espírito de consenso, de pacto, de acordo, de esforzo e de sentido común, en palabras do seu neto, sexa o espírito co que os galegos de hoxe emprendamos o traballo cara a ese novo Estatuto co ánimo de construír unha Galicia mellor e máis próspera.

Precisamente para ese encargo os Galegos e Galegas deron o pasado 1 de marzo a súa confianza a un novo Galego Ourensán de nacemento, Vigués de adopción e residente en Compostela, D. Alberto Núñez Feijoo, ó cal hoxe na súa primeira visita institucional como Presidente da Xunta á Deputación de Pontevedra lle desexamos tódolos éxitos, porque os seus éxitos serán de tódolos Galegos. Temos a certeza, que nestes difíciles momentos, gracias ó seu traballo e ó de todo o seu Equipo, conseguirá os mellores resultados para Galicia. Que de seguro así será.

Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación de Pontevedra

Luns, 18 de maio de 2009