11 mayo 2009

Una polémica que continúa...

A nova tarifa eléctrica é
un fraude á cidadanía

Logo da últimas subas no recibo da luz, dos erros e abusos nos cobros por estimación, a liberalización do mercado da electricidade acarreará novas subas mentres a anunciada tarifa social terá unha aplicación simbólica

O goberno acaba de anunciar unha nova proposta de tarifas eléctricas. Baixo un discurso aparentemente solidario e de carácter social que afirma que 5 millóns de españois beneficiaranse dunha redución dos seus recibos da luz, a realidade é que case ningunha familia se beneficiará desta rebaixa que tan só se aplicará aos fogares cunha potencia contratada inferior aos 3 Kw, unha cantidade ridícula.

Goberno central e autonómico continúan a favorecer os intereses das eléctricas en lugar de ás familias e fogares con menos ingresos mentres a liberalización do mercado da electricidade deixa desprotrexido a un amplo sector da sociedade.

Ante a inminente entrada en vigor do novo sistema de tarificación coa liberalización do mercado, a FAVEC de xeito coordinado co resto do movemento veciñal de toda España integrado na CEAV fará as seguintes propostas:

1. Que a tarifa social existente varíe sustancialmente o seu contido para introducir verdadeiros criterios sociais de tal xeito que beneficie ao sector de poboación máis sensible e con maiores dificultades económicas:

- Variación dos ingresos mínimos por unidade familiar. En lugar de limitarse a aquelas familias que ingresan 14.000 € ao ano, a tarifa debería considerar o número de membros na unidade familiar para determinar estas cuantías; así debería beneficiar ás familias con tres membros con ingresos ata 18.000 €, con catro ata 21.000 €, 24.000 con cinco e 26.000 con seis.

- Incremento da potencia contratada de 3 Kw a 10 Kw, de tal xeito que se considere unha potencia digna xa que a cantidade de 3 Kw condenaría a calquera familia a vivir somentes cunha lámpara sen dispoñer de case que ningún electrodoméstico.

2. Creación dunha tarifa familia para os fogares máis humildes, baseada en criterios socio – económicos para aqueles fogares con ingresos inferiores a 36.000 € e cunha potencia contratada inferior aos 15 Kw.

Déficit das tarifas

Segundo as medidas publicadas no BOE do 7 de maio, a partir del 1 de xaneiro de 2013, as peaxes de acceso serán suficientes para satisfacer a totalidad de los costes das actividades reguladas sin que poda aparecer déficit. Ata esa data a mesma orde recolle a constitución do “Fondo de Titulización del Déficit del Sistema Eléctrico” cuxo activo estará destinado paliar o déficit das eléctricas coa aportación de 10.000 millones de euros correspondente ao défit de 2008, 3.500 para 2009, 3.000 para 2010, 2.000 milóns para 2011 e 1.000 millóns en 2012.

¿Por qué temos que asumir este desorbitado desembolso ante unhas empresas que cada ano anuncian beneficios multimillonarios? Unha vez se liberalice o sector da enerxía estamos seguros de que serán os nosos recibos serán os que soporten a diferencia que as empresas din existe entre a produción da electricidade e o prezo de mercado se gobernos central e autonómico seguen a protexer os intereses das compañías eléctricas en lugar dos de milleiros de familias.


José Manuel Fernández González

Vogal de Consumo da Federación de Asociacións de Veciños de Vigo