15 mayo 2009

VIGO : el mismo que callaba cuando gobernaban los suyos echa ahora el petate de los sin techo a la Xunta

VIGO (MORRAZO-tribuna) .-O tenente de alcalde, Santi Domínguez, reclamou hoxe á Xunta de Galicia, gobernada polo Partido Popular, que defina xa cal é a súa posición á respecto da apertura do albergue no edificio de a Gota de Leite. Tamén quixo poñer en valor o “extraordinario bo” traballo que está facendo a concelleira da Benestar Social, María Méndez, que está “cumprindo estrictamente” a delegación de competencias que lle deu o alcalde.

En relación ás declaracións feitas polo voceiro do Partido Popular, Chema Figueroa, sobre o cese ou a dimisión da concelleira de Benestar Social, María Méndez, o tenente de alcalde salientou que “o que debería facer o señor Figueroa é instar á Xunta do Partido Popular a que demostre a súa sensibilidade coas persoas sen teito” e non intentar falar de divisións no Goberno municipal “que non existen”. Engadiu que “se cesa a unha concelleira cando non fai o seu traballo ou o fai mal”, pero non é o caso, porque María Méndez “é a mellor concelleira de Benestar que tivo esta cidade”.

Santi Domínguez lembrou que a anterior Xunta decidiu “sen preguntarlle a ningún” que o albergue de Vigo estaría no edificio de a Gota de Leite, que é propiedade da administración autonómica. Polo tanto, o nacionalista entende que a actual Xunta do PP debe decidir, porque é a súa potestade, o que vai facer co albergue.

O tenente de alcalde reiterou que para o BNG a Gota de Leite é a ubicación “ideal” para o albergue. Manifestou igualmente que, fronte a outras actitudes de “ordeno e mando” , el aposta polo diálogo. A este respecto sinalou que, como xa ten expresando en reiteradas ocasións tanto él como a concelleira María Méndez, a Xunta debe abrir xa o albergue no edificio de a Gota de Leite, porque está arranxado para utilizarse con ese destino. Tamén dixo que, como sempre mantivo o BNG, se “no futuro” existe outra ubicación mellor para o albergue ese edificio podería ser para a Policía Local.