14 mayo 2009

Vigo, Pontevedra, Cangas, Vilagarcía, A Estrada, Redondela y Marín se autoexcluyen del revolucionario plan Wimax de la Deputación


VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, presentou hoxe a 55 alcaldes e representantes municipais o estado da implantación do proxecto Wimax Rural na provincia de Pontevedra que está a desenvolver a institución provincial.

A Deputación de Pontevedra está acometendo os traballos deste proxecto que ten un presuposto inicial de 6.693.868,53 euros, dos cales 4.685.707,97 proceden dos fondos FEDER. A Deputación aporta 1.338.773,71 euros e os concellos adheridos ao convenio de colaboración 669.386,85 euros en total.

Os concellos que se adheriron ó proxecto son 55 dos 62 da provincia. Por decisión propia, non se adheriron os de Vigo, Pontevedra, Cangas, Vilagarcía, A Estrada, Redondela e Marín que optaron, pola súa conta, a outros proxectos dos citados Fondos Feder.

O proxecto Wimax Rural en Pontevedra ten o obxectivo de dotar de acceso a Internet de Banda Larga aos cidadáns e empresas fundamentalmente do medio rural da provincia de Pontevedra a un prezo asequible. A súa implantación procurará mellores servizos para os cidadáns e empresas da provincia de Pontevedra.

Proxecto piloto en 25 fogares de 4 concellos

A xuntanza mantida hoxe por Louzán, técnicos da Deputación e da empresa que desenvolve o proxecto tivo por obxecto acordar unha posta en común das tecnoloxías e actuacións a desenvolver.

O Wimax Rural inicia o seu proxecto piloto, de xeito experimental, en 25 fogares de catro concellos da provincia, Agolada, Meis, Pazos de Borbén e Arbo, elexidos polas súas peculiariedades orográficas e nivel e dificultades de implantación de novas tecnoloxías.

A seguinte fase será o despegue da rede, con instalación de torres e enerxía, equipos Wimax e de radioenlaces asi como de interconexión coa rede da operadora.

A Deputación vai iniciar unha identificación das necesidades reais de cobertura e das infraestructuras esistentes, así como comprobar a disponibilidade dos terreos para instalar as infraestructuras precisas.