15 mayo 2009

Xornada de portas abertas este luns na Casa Museo A Mangallona, en Coiro-Cangas

CANGAS (MORRAZO-tribuna) .- O vindeiro luns día 18 de maio, co gallo da celebración do Día Internacional dos Museos, A Casa Museo A Mangallona contribuirá cunha xornada de portas abertas, con dúas visitas guiadas, pola mañá as 11 horas e pola tarde ás 18 horas, ambalasdúas precedidas dunha charla de introducción e posible participación de asistentes.
O martes día 19, sobre cen alumnos e profesores do “Colexio da Compañía de María” de Vigo, asistirán asemade á outra visita guiada, ás 11,15 horas.