A GUARDA (MORRAZO-tribuna) .- Hai na vila de A Guarda certa inquedanza polo destino que no 2009 terán os cartos públicos, tendo en conta as necesidades por todos conhecidas. Nada mellor que deixar moi claro as intencións municipais ao respecto. Falamos con Montse Magallanes, concelleira responsable da Facenda municipal.
-Estan establecidas xa as linhas básicas cara a confección dos orzamentos?
-Estando próximos o inicio dos traballos para a elaboración dos orzamentos municipais para o 2009, esta concellalía ten establecido as premisas básicas sobre as que se vai traballar para tratar de que os orzamentos do 2009 sexan uns orzamentos equilibrados, austeros e rigorosos.
Así, dende a concelalía de Facenda do concello da Guarda, vaise propor neses orzamentos a conxelación do soldo do alcalde e concelleiros con adicación exclusiva e parcial; así como a conxelación das partidas orzamentarias adicadas a dietas de cargos electos por asistencia a plenos, comisións de goberno e comisións informativas. Tamén vamos propor a conxelación das partidas orzamentaris correspondentes ao funcionamento dos grupos políticos municipais. Ademais vai manterse a mesma cantidade para gastos correntes de libre disposición excepto os vinculados a servicios de carácter social.

-Na rúa, os guardeses preguntan se haberá suba de impostos...?
-Pois ben : tal como xa acontecera no orzamento do 2008 non se vai producir ningunha suba nos impostos, taxas e prezos públicos, unicamente vanse adecuar ó IPC correspondente.

-Polo tanto, austeridade...
-Ben, o estamos formulando en liña co que estamos facendo xa neste orzamento do 2008( por exemplo cos novos paneis na piscina municipal), trataremos de potenciar o aforro enerxético, así como establecer a máxima austeridade nas diferentes partidas municipais sen merma de garantir a correcta prestación dos servicios públicos.