15 septiembre 2008

Inicia a construcción do parque de Campolongo, en Pontevedra capital

PONTEVEDRA.-A intervención do Concello de Pontevedra na urbanización do antigo cuartel de Campolongo continúa despois de que o pasado 1 de setembro o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores supervisase as obras, e comprobase o bo ritmo co que se están a desenvolver. Xunto ao concelleiro encargado do seguimento da reforma urbana, Guillerme Vázquez tamén visitou o espazo que ocupará o futuro parque de Campolongo, na actualidade ubicado diante do edificio da Xunta, e un dos máis grandes da cidade.
Esta semana comezaron os traballos de movemento de terras e de limpeza no terreo de 9.000 metros cadrados que se convertirá no parque central de Campolongo. O propósito do proxecto será convertirse en referente para o barrio así como nunha dignísima entrada ao edificio administrativo autonómico, que diariamente será visitado por decenas de persoas cando esté operativo.

Os traballos que están sendo executados pola empresa Sercoysa e supervisados polos técnicos municipais de parques e xardíns, comezaron coa eliminación das zapatas de formigón que estaban montadas nunha parte da parcela e que sustentaban dous cañóns do antigo cuartel de artillería. Tamén están a desmontar unha plataforma de formigón fraguada sobre este terreo.

Os técnicos municipais xunto aos da empresa, xa determinaron as árbores que será necesario sacar do parque ben porque están secas (varios exemplares) ben por motivos fitosaniarios, así como pequenos exemplares de especies invasivas que crecen sen orde na parcela. O obxectivo é ordear a vexetación da parcela, e chegado o tempo de prantación, reforestar con especies singulares e de porte co fin de crear zonas de sombra e de sol no parque, de xeito que poida ser útil en verán pero tamén en inverno.

Os traballos que comezaron estes días, demoraránse durante algunha semana e cando rematen procederáse ao aporte de terra que sexa necesario. Se tratará de terra de boa calidade que permita a creación de zonas de xardín con frores e especies estacionais e de cor cambiante segundo a época do ano. Ademais, este aporte de terra servirá para crear distintas alturas no parque de xeito que non sexa uniforme e mellore a paisaxe visual da zona.
Ademais está previsto a colocación de rego, creación de sendeiros que conecten a rúa Fernández Ladreda co parque e o edificio da Xunta, ademais de outros solucións de carácter técnica. Nos traballos do parque de Campolongo confúen os traballos de dúas concellerías: a de xestión de obras con Guillerme Vázquez ao frente, en coordenación coa de Medio Ambiente Urbano dirixida por Raimundo González Carballo. Os técnicos de parques e xardíns supervisarán a diario a creación desta nova zona verde do centro urbano da cidade, seguindo os criterios de calidade urbana e sustentabilidade que moven a carteira para a que traballan. Apostar pola calidade de vida dende o punto de vista medio ambiental, lecer e disfrute é o obxectivo deste departamento, unha filosofía que xa está a implantar noutros barrios da cidade en beneficio dos cidadáns