A GUARDA (MORRAZO-tribuna) .- Tempo de reflexión e análise, no remate da tempada veraniega no município da Guarda, co seu monte de Santa Trega, o segundo local mais visitado de Galiza, despois da catedral de Santiago. Brevemente falamos coa concelleira de Turismo, M. Magallanes Alvarez.
-Cómo vai o Plan Director de Turismo da Guarda?
-A concellalía de Turismo da Guarda presentou no primeiro trimestre do 2008 o Plan director de Turismo da Guarda, co cal trataremos de conquerir que o actual sistema turístico guardés evolucione hacia un modelo máis axeitado para A Guarda.
Nesta primeira fase de preparación ( o Plan abarca o periodo 2008-2011) as accións consisten fundamentalmente na divulgación interna e externa do Plan. Como consecuencia esta concellalía presentou o seguinte informe correspondente os meses de xullo e agosto.

-E...qué pode referir en relación a este verán?
-A pesar das previsións e dos datos que se teñen publicado nos diferentes medios de prensa e radio sobre a ocupación hoteleira a nivel xeral, no concello da Guarda a ocupación hotelera mantívose nos niveis do ano pasado (rondando o 50% no mes de xullo e o 70% no mes de agosto), asimesmo o tránsito de vehículos que utilizaron o ferry a Guarda-Caminha foi nestes dous meses de máis de 50.000 persoas, o que supón un incremento do 4,9% respecto do ano pasado. As persoas que visitaron o Monte Santa Trega nestes dous meses cífrase en máis de 100.000 persoas. Respecto das Oficinas Municipais de Turismo, temos que sinalar que a cifra dos que se acercaron ás mesmas para solicitar información sobre a localidade, o monte, a desembocadura ou outros lugares de interese alcanzou as 4.225 persoas. A atención nestas Oficinas Municipais de Turismo ampliouse respecto do ano pasado , producíndose un incremento considerable nas horas adicadas á atención ós visitantes.

-Finalmente...que foi o que centraría o traballo do departamento que dirixe?
-Dende a concellalía traballouse na potenciación dos recursos turísticos que poseemos ( que son moitos) e na difusión a través de numerosas publicacións de diversa índole: prensa, revistas especializadas, radio, publicacións varias, co obxectivo claro chegar o público en xeral e tamén o público especializado.