O grupo municipal do Partido Popular denuncia o ocultismo que está a manter o goberno local de Mos sobor do proxecto Vigo Integra. A voceira popular, Nidia Arévalo, acusa á alcaldesa mosense de estarlle ocultando información sobor deste proxecto tanto ós grupos políticos da Corporación Municipal, como á plataforma Defende Mos e ós veciños.
Arévalo informou hoxe de que “a entrada no Concello de Mos do documento do Plan Sectorial Vigo Integra produciuse o pasado 17 de Xuño, fai tres meses, para que a alcaldesa fixera sobor deste escrito as observacións pertinentes, algo que non se produciu, e despois de tanto tempo con el no seu poder, amosóunolo aínda ónte cando a comisión vaise celebrar mañán e o prazo para presentar alegacións ó mesmo remata o 18 de Setembro”. Para o PP o ocultismo xerado por María Jesús Escudero ó redor deste proxecto é moi grave, xa que nel se abordan estradas, autovías e vías de acceso de vital importancia para Mos. Ante esta situación, Nidia Arévalo laméntase de que “o proxecto Vigo Integra irá a pleno fora de prazo, tal e coma nos ten acostumados a nosa alcaldesa”.
En concreto, este plan aborda tres vías que afectan especialmente ó municipio. Unha é a conexión da A-57 coa rede arterial de Vigo, outra é a famosa autovía Vigo-Porriño e a terceira é a conexión do Cuvi coa PO-331. Esta última é o chamado vial San Cosme-Cuvi que afecta a numerosas fincas e vivendas do municipio, afección pola cal os propietarios non poderían nun futuro edificar ou reformar apenas as súas veviendas no caso de que xa estean construidas; de modo que os populares reclaman a máxima reducción de dita afección. Os informes técnicos sobor destas tres vías amosan, segundo a presidenta do PP mosense, “que nada cambiou, ya que non se teñen en conta as alternativas que Mos propuxera a estas vías, entre as que se atopaba a eliminación da peaxe da AP-9 en sustitución da construcción da nova autovía Vigo-Porriño”.
Arévalo quere recalcar a actitude de servilismo da alcaldesa co seu partido, xa que mantivo un secretismo absoluto sobre o plan Vigo Integra coa pretensión de esgotar o prazo de alegacións. Ademais califica de “lamentable” que “a alcaldesa non vaia presentar ninguna documentación nova sobre o proxecto na comisión de mañán, xa que o único que presenta son actas e informes preexistentes, e que leve tres meses sen informar á Corporación Municipal nun tema de tanta trascendencia”. A edil do PP considera tamén unha irresponsabilidade que a arquitecta municipal recibise a documentación sobre o proxecto Vigo Integra a finais do mes de Xullo, xusto antes das vacacións da técnico local, cando a documentación chegara xa ó Concello o 17 de Xuño. O resultado, segundo Arévalo, foi "un informe de tres páxinas, elaborado con pouco tempo e que non aporta nada novo". Ademais, a concelleira do PP considera vergoñoso que "tendo este informe data de 4 de Setembro, non se convocase ata un día antes de rematar o prazo de alegacións, que finaliza o 18, a comisión sobre o proxecto Vigo Integra que se celebrará mañán".