A GUARDA (MORRAZO-tribuna).- Comienza caliente el año en lo político en A Guarda. El Alcalde de la localidad hizo pública una nota que reproducimos a continuación, en la que enfrenta duramente las posiciones del BNG, a propósito de la celebración o no de un pleno. Lea con detenimiento lo que sigue... 2009 empieza duro.
¿POR QUE CARECE DE SENTIDO CONVOCAR UN PLENO PARA FALAR DO FONDO ESTATAL DE INVESTIMENTO LOCAL?
O portavoz do BNG no Concello de A Guarda anda algo despistado co asunto do Fondo Estatal de Investimento Local, os 8.000 millóns de euros que o Estado reparte entre os concellos en función da súa poboación, e polo que á Guarda lle corresponden algo máis de 1.800.000 euros.
Perigosamente despistado e tardón porque a moción na que solicita un pleno para falar do Fondo tería sentido en todo caso de formularse ó seu debido tempo, cousa que fixeron grupos de oposición en moitos concellos hai un mes. De ter agardado polas ideas e proxectos de inversión do Sr. Lomba Alonso moi probablemente teríamos perdido o fondo. Hai un mes que técnicos do Concello e técnicos alleos traballan nas memorias que hai que presentar entre o 10 de decembro e o 24 de xaneiro. Memorias que teñen que ir extremadamente axustadas porque o proxecto posterior ten que adecuarse escrupulosamente a esta. Se a semana que ven tivéramos o Pleno que solicita o portavoz do BNG para debatir que obras facer e logo encargar as memorias moi probablemente perderíamos o fondo por non chegar a tempo.
Ou cabe que non sexa cousa de despiste senón de querer quedar ben con moitos veciños propoñendo 13 obras distintas, algunhas con facetas varias como a de “Arranxos nos diferentes colexios do concello”. 13 obras que nun gran número non se poderían executar porque só a obra “Proxecto de beirarrúas até a Gándara” que propón o portavoz do BNG ascende a 800.000 euros, según un proxecto que hai no Concello do ano 2005. ¡Quedaría 1 millón de euros para executar as 12 restantes! Por certo, o goberno municipal non esquece a necesidade de beirarrúas ata A Gándara e tenlle solicitada esta obra á Consellería de Política Territorial, que é a quen lle corresponde facela por ser unha estrada da súa competencia.
Porque as obras están definidas e as memorias están xa encargadas, porque non habería tempo material para facer o Pleno, acordar que obras facer e encargar as memorias e porque a proposta formulada polo BNG é irreal e só pretende agradar o oído de moitas persoas, non vou convocar o Pleno solicitado polo BNG, xa deixando a un lado que según o R.O.F., art. 78.2, é necesario que a petición de pleno veña avalada por a cuarta parte dos membros da corporación: 5 concelleiros/as.
A Guarda, 2 de xaneiro de 2008
O Alcalde,
José Manuel Domínguez Freitas