VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 96 persoas debido a 74 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 9 de xaneiro, ata as 23:59 horas do domingo, 11 de xaneiro. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 35 accidentes. A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 91 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 74 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 96 persoas.
A proporción de homes atendida foi do 60 por cento e a de mulleres do 40 por cento. Nas idades dos feridos, obsérvase que un 60 por cento dos atendidos ten entre os 15 e os 24 anos.
Por provincias foi a de Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 35 sinistros durante os desprazamentos destas datas.