16 enero 2009

Mos aprobará este martes su presupuesto

MOS (MORRAZO-tribuna).- A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciou hoxe mediante un comunicado que o vindeiro martes pola tarde no pleno da Corporación Municipal, aprobarase o orzamento para o ano 2009.
Trátase dun feito histórico no Concello de Mos xa que pasaron moitos anos dende que un orzamento non se presentaba no mesmo ano no que se facía efectivo, e é a primeira vez que se aprobará no mes de Xaneiro do propio ano.

Arévalo calificou este orzamento que o martes presentará o seu equipo de goberno e que ascende a case 8 millóns de euros, coma “realista”; e asume que é inferior ó de outros anos precisamente por iso, “porque o anterior goberno municipal elaboraba orzamentos irreais e inflados”. A rexedora local explicou tamén que “este orzamento é algo inferior, ademais, porque non quixemos recurrir a outro préstamo bancario xa que aínda temos preto de 2 millóns de euros sen gastar dun préstamo solicitado por María Jesús Escudero”.
Precisamente, Nidia Arévalo anunciou hoxe que “este diñeiro procedente de préstamos que está sen gastar invertirémolo na acometida de alcantarillado e traída de augas fundamentalmente, ademais de en asumir o 20% do custe do local social na Veigadaña”. E informou tamén de que aumentou o ingreso por construccións, tendo en conta as obras que se están a levar a cabo no polígono empresarial do anteriormente citado barrio da Veigadaña.
A alcaldesa mosense declarou ademais que “temos unha previsión de preto de 6 millóns de euros en obras, previsión histórica xa que se tratará do ano con maiores inversións no Concello de Mos”. “Hay aprobados 2,5 millóns de euros do goberno central, máis unha cantidade similar ou superior pendente de aprobación da Deputación de Pontevedra procedente dun plan parecido ó do goberno nacional; e ó redor de 1 millón de euros do propio Concello”, especificou Arévalo.
Este orzamento para 2009 inclúe novos programas sociais e culturais, tales coma plans de voluntariaro, de concienciación da vida laboral e familiar, axudas á escolarización e á natalidade; e a inclusión da nova partida de Participación Cidadá. Ademais aprobaranse melloras para os centros sociais e culturais, sobre os que tamén haberá novedades.