VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O portavoz en materia de Emprego do BNG, Fernando Branco Parga, pon de relevo ante “as importantes cifras de paro”, a necesidade de que “o goberno galego actúe con todos os instrumentos que poida ter ao seu dispor para lle dar a volta a esta situación”.
O nacionalista apunta, ante as últimas informacións sobre o número de parados (9.083 parados máis en decembro, un incremento do 5%) que, “se ben o cómputo anual de desempregados/as medrou en Galiza a metade que no Estado, tamén cómpre lembrar que nos últimos dous meses as cifras do paro na Galiza xa están a superar a media estatal”.

Ante esta situación, Branco Parga afirma que “o executivo galego non pode renunciar a ter instrumentos de financiamento propios” e lembra que neste senso se enmarca a proposta do BNG de “crear un Instituto de Crédito Galego, que xoga un papel fulcral se queremos contar con mecanismos para que as pequenas e medianas empresas poidan saír desta situación”.
O portavoz do Emprego urxe a creación deste organismo “para que o goberno conte con instrumentos para que os créditos cheguen aos traballadores e traballadoras”.
Branco Parga insta, asemade, a que o goberno actúe na protección dos parados e paradas no momento en que se atopan máis desamparados.