
O portavoz do PPdeG no Parlamento de Galicia pregunta qué foi do anuncio de Quintana –efectuado a comezos da actual Lexislatura- de conseguir para Galicia no cuadrienio que agora remata, e no marco do Estatuto en vigor, o traspaso de un total de 70 competencias, entre as que, segundo el mesmo anunciou, figuraban, a demarcación da planta xudicial, a policía autonómica ou o tráfico.
Sen embargo, o paso do tempo demostrou o fracaso da “cooperación intelixente” propugnada polo vicepresidente da Igualdade, que nin sequera foi quen de conseguir os recursos necesarios para implantar en Galicia as prestacións recollidas na Lei da Dependencia.
Deste xeito, Ruiz Rivas atribúe ao fracaso da estratexia da cooperación intelixente a imposibilidade da Xunta para poñer en marcha a Policía Autonómica ou conseguir a transferencia das competencias en materia de tránsito viario, malia que contaba cun respaldo parlamentario expreso.
23 COMPETENCIAS FRONTE A 14 TRASPASIÑOS
O deputado popular contrapón o fracaso das negociacións competenciais impulsadas polo Goberno de Touriño e de Quintana cos logros acadados polo anteriores Executivos autonómicos, que conseguiron formalizar unha media de 23 traspasos por cada lexislatura.
Fronte a iso, o bipartito pasará á historia como o artífice do balanzo máis cativo da historia para o autogoberno de Galicia con só 14 transferencias, unha cifra escasamente fiable facilitada pola Xunta e que engloba traspasiños de magnitude insignificante.