07 mayo 2009

2.000 jovenes se benefician del programa "Actívate" que impulsa Deputación

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .A vicepresidenta da Deputación, Teresa Pedrosa, presentou hoxe un novo programa que baixo o lema pretende abrir un novo abano de actividades formativas para a mocidade da provincia, concretamente, para persoas con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos.
Impartiranse nos meses de setembro, outubro e novembro, terán unha duración aproximada de 30 horas e terán capacidade para arredor de 30 alumnos, aínda que a empresa que resulte adxudicataria do programa poderá incluír variacións. Participarán en total 2.000 persoas que ó remate dos cursos recibirán un diploma acreditativo.
Nunha primeira experiencia os cursos ofertados serán de fotografía por internet; debuxo e pintura; fotografía; curso de inglés, francés e portugués; informática; internet; monitor de tempo de lecer; coidadores de axuda no fogar; auxiliar de gardería; cociña e repostería; mecánica do automóbil; prevención de riscos laborais; alcoholismo e drogodependencias; poda e xardinería; corresponsabilidade; costura e bordado; e albanelería.
Pretendemos con esta acción “formar ós mozos en novas tecnoloxías e por outro lado favorecer a inserción no mercado laboral especialmente naquelas disciplinas nas que existe un nicho de mercado emerxente como son o coidado e a asistencia das persoas”, informou Pedrosa.
Estas accións canalizaranse a través dos concellos que desexen adherirse. Todos os custes correrán a cargo da Deputación de xeito que os cursos serán gratuítos para os interesados.
Os concellos, pola súa banda, so deberán poñer a disposición un local para o desenvolvemento das actividades. En principio impartirase un curso nos concellos de ata 15.000 habitantes e dous cursos nos municipios de entre 15.000 e 30.000 habitantes.

No caso de que a demanda de prazas sexa superior á oferta os concellos seleccionarán en primeiro lugar a aquelas persoas inscritas no paro. En segundo lugar terase en conta o rexistro de entrada das solicitudes.
Os concellos interesados en adherirse a esta iniciativa deberán facelo antes do 22 de maio. Pola súa banda, os mozos interesados en asistir a algún destes cursos terán de prazo ata o 20 de xullo para presentar as súas peticións.
Teresa Pedrosa explicou que a Deputación polo xeral desenvolve este tipo de iniciativas en de forma directa coas asociacións, non obstante, neste caso contactarase cos concellos posto que na provincia non existen suficientes asociacións de xóvenes.
Sobre este respecto Pedrosa comentou que “a intención da Deputación é incentivar a creación de Asociacións de xóvenes porque hai poucas na provincia” e adiantou que “a institución provincial concederá a colaboración económica necesaria para os gastos mínimos de inscrición que ten a posta en marcha de calquera asociación”.