15 mayo 2009

Accidente en Ponteareas

PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .-O Servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia atendeu un total de catro accidentes de tráfico e outras 140 urxencias entre as 00:00 horas e as 14:00 horas de hoxe. Ademais das actuacións de accidentes de tráfico, o 061-Galicia acudiu a 140 chamadas de urxencias que mobilizaron recursos, e rexistrou 276 consultas telefónicas. O máis salientable:
-Ás 12:16 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dunha caída dunha altura no concello de PONTEAREAS, na rúa Braña. Para atender a vítima, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia asistencial e o médico de atención primaria, que logo dunha primeira asistencia, trasladou a un varón de 33 anos, A.C.D., cunha fracturas nas pernas, ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.