Ó acto asistirán, entre outras autoridades, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, varios conselleiros, deputados provinciais, alcaldes e outras autoridades e persoeiros da provincia. Asistirán tamén Mariano Rajoy, presidente do Partido Popular (PP) e neto do homenaxeado Rajoy Leloup, así como as familias Rajoy e Filgueira.
O nomeamento de Filgueira baséase na súa implicación da vida social, cultural e política de Pontevedra, da provincia e de Galicia perante toda a súa esistencia. Entre outras facetas, Filgueira foi profesor do instituto de Pontevedra dende 1940 ata 1976; alcalde da cidade entre 1959 e 1968; director, salvo o periodo inicial, e
As razóns que levaron á Corporación Provincial a otorgarlle a distinción de Fillo Adoptivo de Pontevedra a Enrique Rajoy Leloup derivan do feito de que seu pai, Mariano Rajoy Dobarro, naceu en Santa Mariña de Presqueiras (Forcarei) e esa orixe supuxo a raigame na cidade de Pontevedra da familia Rajoy.
Rajoy Leloup naceu en Santiago de Compostela pero estivo vencellado a Pontevedra a través do Colexio de Abogados e pola súa relación familiar e de íntima amistade, entre outros, con Alexandre Bóveda, Portela Valladares ou Osorio Tafall. Foi un home decisivo na formulación e no impulso do I Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobado casi plebiscitariamente o 28 de xuño de 1936.
Con Bóveda, formou parte da comisión redactora do Estatuto e desempeñou o cargo de secretario do comité central da Autonomía. Redactou o decreto para convocar a consulta popular e él mesmo, acompañado por Anxel Casal, presentou nas Cortes Españolas o 16 de xullo de 1936 ó presidente do Congreso, Martínez Barrio, e ó presidente da República, Manuel Azaña, a Declaración de Autonomía de Galicia que non chegou a entrar en vigor pois dous días despois tivo lugar o golpe militar que desencadeou a Guerra Civil.
Os nomeamentos de Fillos Predilectos e Adoptivos de Pontevedra estiveron adormecidos dende a Transición e foron retomados pola institución provincial no ano 2004 nomeando Fillo Predilecto a Osorio Tafall e Adoptivo a Alexandre Bóveda.
Coas distincións que terán lugar o vindeiro luns, a Deputación de Pontevedra recoñece a decisiva contribución da provincia ó Estatuto de Autonomía de Galicia (o chamado Estatuto do 36) pois das oito personalidades que o culminaron _Bóveda, Suárez Ferrín, Anxel Casal, Casares Quiroga, Portela Valladares, Osorio Tafall, Rajoy Leloup e López Pol_ catro delas estaban vencelladas a Pontevedra: Bóveda, Osorio Tafall, Portela Valladares e Rajoy Leloup.