15 mayo 2009

La Xunta lanza un mensaje sobre autopistas que no deja de ser buenas palabras...

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .Un dos principais obxectivos da Xunta de Galicia é evitar que o pago das peaxes non inflúa nin condicione a mobilidade dos cidadáns galegos. Así o manifestou hoxe a directora xeral de Infraestruturas, Isabel Vila, que compareceu na Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, para informar sobre a peaxe na autopista Carballo- A Coruña, AG-55.

Nese senso, a directora xeral recordou aos deputados autonómicos que a AG-55 non se privatizou, senón que “foi e segue a ser” unha autopista de titularidade pública. O contrato concesional, as obrigas e a vinculación da sociedade coa Xunta de Galicia seguen sendo as mesmas á data de hoxe, salientou.

Non obstante, aclarou que o único cambio que se produciu nesta sociedade foi no seu accionariado, xa que pasou de ser xestionado por unha sociedade con capital público a unha sociedade de capital privado ao afectar á venta das accións da sociedade.

Tal e como sinalou a representante da Consellería de Medio Ambiente, o Goberno galego asumiu, dende o seu “primeiro día de mandato”, o compromiso de dar un tratamento global, progresivo e universal a todas as peaxes existentes nas infraestruturas que discorren ao longo do territorio galego. A finalidade é romper con calquera barreira ou traba que se lle presente aos cidadáns galegos nos seus desprazamentos.

O tratamento global e universal que o Goberno actual quere dar ás peaxes –precisou- deben pasar pola análise do resultado que arroxe un estudo que xa está en fase de elaboración. Por último, precisou que este estudo debe incluír todos os parámetros que incidan no proceso e que sexan determinantes, como por exemplo: o investimento realizado; a indemnización, os danos e prexuízos; a posible oposición do contratista; así como a resolución do contrato e o informe do Consello Consultivo.