15 mayo 2009

Tribuna Libre

O Concello de Vigo ten que poñer en marcha un plan de tráfico que evite un novo colapso da cidade

Articular unha rede de itinerarios alternativos, ter aos axentes na rúa e potenciar a mobilidade do transporte público deben ser algunhas das medidas urxentes

A Federación Veciñal esixe aos responsables municipais que actúen con urxencia para evitar un novo caos circulatorio como o vivido onte na cidade. Os monumentais atascos que sufriron centos de cidadáns atrapados nos seus vehículos poñen de manifesto unha total falta de previsión por parte do departamento de tráfico. Se a situación de colapso xa se vía vir logo dos cortes de tráfico no centro, por qué non se puxeron en marcha todos os mecanismos para non ter que chegar a este punto?
Unha vez máis temos a sensación de improvisación e descoordinación no xeito en que estanse acometendo as obras na cidade para prexuízo da cidadanía e sectores económicos. Canto antes debe comezar a funcionar unha rede de itinerarios alternativos que guíe aos condutores de xeito inequívoco para evitar que se perdan nos numerosos desvíos provocados polas obras, acrecentando o así caos circulatorio. Tamén os axentes deberían estar estes días na rúa para dar servizo e facerse cargo da situación en lugar de preocuparse pola ocupación dun lugar ou otro para a comisaría.

Transporte público
Resulta moi grave que os usuarios do transporte público foran os máis prexudicados polos colapsos. É precisamente o transporte colectivo o que debe funcionar no centro da cidade, sobre todo cando o tráfico está conxestionado, xa que evita ter que utilizar os vehículos particulares. Non obstante para que o transporte público sexa unha alternativa real e eficaz compre facilitar a súa mobilidade por iso pedimos que se diseñe un plan especial mentres duren as obras, dirixido a potenciar a súa utilización, de tal xeito que se manteña o servizo e garanta o seu funcionamento dentro da normalidade.

Xosé Couñago Ribeira, Elena González Sánchez
FEDERACION DE ASOCIACIONS DE VECIÑOS DE VIGO