08 mayo 2009

Conselleira Mato dice que los "bipartitos" no espabilaron gran cosa en la Ley de Dependencia

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, cualificou hoxe de “moi baixa” a ratio de resposta dada polo bipartito á Lei de Dependencia, polo que desde a Xunta se precisará un importante esforzo non só na tramitación, senón tamén no orzamentario.

En declaracións aos medios de comunicación minutos antes de manter unha longa reunión co delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, no edificio administrativo da cidade herculina, a titular de Benestar salientou que actualmente a tramitación da Lei de Dependencia non se corresponde coas necesidades reais, sobre todo porque hai un desequilibrio importante entre o orzamento da Consellería e o que sería necesario para atender ao número de persoas dependentes.

A día de hoxe, explicou, a Consellería ten máis de 27.000 solicitudes rexistradas, pero só 4.900 afirmadas ou resoltas. Ademais, o “maior problema” é que destas 4.900 que xa están percibindo axuda, a metade son grandes dependentes. Pero asegurou que o seu obxectivo é finalizar o ano atendendo aos 16.000 dependentes cos que se comprometeu o presidente Feijóo, unha meta prioritaria.

Neste eido, e con respecto ao anuncio do Goberno de primar a aquelas comunidades con maior número de persoas valoradas como grandes dependentes, Mato criticou esta postura porque “o importante é que vaia en función da poboación dependente correctamente valorada”.

A clave, explicou Mato non é valorar un gran número de persoas, senón que estas vaian acompañadas dos servizos correspondentes en cada caso. “Si a valoración de gran dependente é a cláusula necesaria para que cheguen máis cartos de Madrid non creo que esa sexa a solución porque é unha inxustiza para os demais que teñan necesidades de cubrir a súa axuda”, asegurou a conselleira.

Mato apelou a que non sexa unha cuestión de número, senón da realidade da comunidade autónoma, non só pola dispersión xeográfica importante, senón tamén polas condicións de vida porque non é o mesmo atender no rural que na cidade, as necesidades son distintas, incidiu.

Neste senso, a conselleira quixo trasladar o compromiso do Goberno galego para poñer enriba da mesa todos os medios para dar cobertura aos grandes dependentes e aos outros dependentes que teñen “as esperanzas postas na tramitación dunha lei que polo de agora foi esquecida”.

Tamén se referiu a titular de Traballo ás previsións de que se incrementen as peticións de RISGA e de axudas de emerxencia social, ante o que dixo a Consellería tentará axilizar as tramitacións e axudar ás familias que pasen por situacións complexas, así como impulsar medidas de integración laboral.

Rigorosidade na resolución dos ERE

No eido laboral, a titular de Traballo amosou a súa preocupación polo número de expedientes de regulación de emprego (ERE) tramitados na provincia ao longo de 2009, período no que se presentaron 121 solicitudes, que afectaron a máis de 1.700 traballadores, fronte aos 238 ERE, con 2.317 traballadores afectados, que se rexistraron en 2008 nesta provincia. Estas cifras, dixo Mato, reflicten un “panorama complicado para o que queda de ano, cun camiño que non é sinxelo”.

Si quixo deixar claro a conselleira que será “absolutamente rigorosa” na tramitación dos expedientes para que se garantan os dereitos dos traballadores e todos vaian acorde á lei e non se cometa ningunha inxustiza.

Preguntada sobre dous dos ERE anunciados na Coruña, Bunge e Caramelo, a titular de Traballo quixo aclarar que no primeiro caso o expediente non se atopa paralizado, senón que nestes momentos estase tramitando ao mesmo tempo que empresa e sindicatos manteñen conversas para negociar a saída ao ERE. Así mesmo, continúan os contactos desde a Xunta para analizar as posibles solucións a esta decisión empresarial que a conselleira cualificou de “dolorosa.”

No que respecta a Caramelo, Mato indicou que polo momento a Consellería non se pode pronunciar porque o ERE non foi presentado e, polo tanto, non conta cos datos exactos para saber si cumpre co recollido na lexislación para admitir ou non ese expediente. Sí adiantou que no caso de que se chegue a presentar será o Consello de Relacións Laborais o encargado de mediar no proceso de negociación, dado que ao ser a Consellería a encargada de resolver os EREs non podes e “xuíz e parte.” “Precisamos o informe para saber si é viable e si se adapta ao dereito”, reiterou Mato.