08 mayo 2009

La nuexa Xunta promete a los abogados del turno de oficio pagarles el clavo que les dejó el bipartito

COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .-A Dirección Xeral de Xustiza está a ultimar os trámites administrativos correspondentes para poder pagar de xeito inmediato os cartos que se adebedan aos avogados da quenda de oficio, correspondente ao último cuadrimestre do pasado ano 2008, cuestión que deixou pendente o anterior Goberno.

A cuestión do pago da compensación económica aos avogados e procuradores pola súa actuación na quenda do oficio foi unha das primeiras que abordou o novo director xeral de Xustiza, Juan José Martín, que está a realizar con máxima premura os trámites necesarios para solucionar un retraso que obedece á paralización do expediente administrativo como consecuencia da inactividade do anterior Executivo.

O director xeral agarda resolver con urxencia a autorización do pagamento para, a continuación, transferirlle as cantidades preceptivas a cada colexio de avogados e procuradores de Galicia, sendo estas corporacións as que lle pagan directamente a cada profesional afectado.