VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas solicita ao Ministerio de Fomento e ao seu titular, José Blanco, que en lugar de falar de retrasos na chegada do AVE a Galicia, anuncie que vai a sacar a concurso nun mesmo trámite o proxecto e a obra do treito Lubián-Ourense, coa fin de evitar maiores prexuízos aos galegos.
O discurso de Blanco de novos retrasos tras o cambio de trazado entre Lubián e Ourense, debe ser cambiado de xeito inmediato por un novo discurso no que se concreten prazos e no que se fale de axilizar en lugar de demorar.
O departamento que dirixe Agustín Hernández solicita a simplificación dos trámites, e solicita a Fomento que envíe á Xunta a información técnica dos novos cambios plantexados.