Manifestación polas obras en Coia
Saída desde o Campo Roxo (rúa Marín), percorrido das rúas Vilagarcía, O Grove, Avda. de Castelao e rúa Marín
Coia sairá de novo á rúa para pedir que as obras que se están a facer no barrio atendan ás necesidades da veciñanza. O barrio suma o seu cuarto día cunhas mobilizacións nas que cada vez participan máis persoas implicadas na mellora do barrio.
- Que non se elimine o dobre sentido de circulación nas rúas Marín, Vilagarcía e Estrada.
- Que se manteñan o número de prazas de aparcadoiro que hai na actualidade, ou as superen.
- Que a calidade do material da obra sexa, a lo menos, dunha calidade igual, ou superior, á que hai no resto das obras da cidade.
- Que as novas árbores que se van plantar non sexan de tan alto carácter alerxénico.
- Que se remodele a rede de saneamento e abastecemento que hai no barrio para garantir un mellor servizo á veciñanza.
- Que as obras de humanización se fagan extensibles ás rúas Moaña e Bueu.
- Que se teña en conta a posibilidade de ensanchar as beirarrúas cara aos xardíns de titularidade pública.
En Coia, a 19 de maio de 2009
María Villaraviz Goberna
Vogal de iniciativas sociais