PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- O BNG advirte da situación de abandono na que se atopan as praias fluviais da Freixa, San Roque e Moreira, sen unhas mínimas condicións de limpeza, no caso da Freixa co lixo esparcido por toda a área recreativa como poideron comprobar moitos que veciños que se teñan acercado ata a Freixa.
Para Bolívar González, Portavoz Municipal do BNG, esta situación comeza a ser crónica, xa que todos os anos, nesta época, non hai unha previsión por parte do goberno municipal do PP para manter os espazos de ocio e disfrute dos veciños e veciñas de Ponteareas nunhas mínimas condicións de limpeza e seguridade. O BNG vese na obriga de denunicar o estado de abandono no que se atopan as nosas praias.
“Estamos, pois, ante un problema grave e continuado no tempo, que non é froito dunha circunstancia concreta, se non que é consecuencia do abandono do goberno municipal das políticas ambientais”, afirman os nacionalistas.
Para o BNG, esta situación agrávase porque afecta ao Río Tea, espazo declarado Lugar de Interese Comunitario dentro da Rede Natura 2000, afecta á sociedade, que se ve privada dun lugar de esparcemento e disfrute porque non está nas condicións optimas.
O nacionalistas consideran imprescindibel dotar as praias do concello con servizos básicos como o de limpeza, papeleiras e recollida de lixo, ao igual que o mantemento das instalacións deportivas que garantan a seguridade e disfrute destes espazos aos veciños e veciñas.
O BNG vai presentar unha iniciativa no vindeiro pleno solicitando o mantemento e limpeza nas praias fluviais de Ponteareas antes do comezo do verán.