19 mayo 2009

O Porriño : el PP insta al Gobierno Municipal a no tomar el pelo a los vecinos

O PORRIÑO (MORRAZO-tribuna) .-O Partido Popular de O Porriño denuncia o pouco compromiso do goberno local cos veciños do municipio, “e máis aínda con aqueles que non son da súa mesma cor política”, sinala o voceiro popular Manuel Carrera. Tralas múltiples queixas dos porriñeses pola desantención do concello ás súas citas, Carrera formuloulle a Pedro Pereira, en ausencia de Raúl Francés, na última sesión plenaria, celebrada o pasado 30 de abril, cal era o sistema para que os veciños poidan concertar entrevistas co alcalde ou con algún dos concelleiros, ao cal Pereira respondeu que só se precisaba solicitar a cita na alcaldía ou na conserxería, “sen mencionar que despois dese trámite o encontro, nalgúns casos, nunca se chega a levar a cabo”, apunta o presidente do PP local, “pois, a día de hoxe, reunións solicitadas en 2008 aínda non foron atendidas”.

Nesta liña atópase o caso particular de José Manuel Guener Araújo, veciño de Torneiros, que dende o pasado 25 de outubro de 2008 segue sen recibir resposta á súa petición de xuntanza coas concelleiras de medioambiente e a de tráfico e seguridade. Reiterando a súa postura, ante a persistencia dos problemas a tratar, como son a existencia de vertedorioos ilegais de rodas e a falla de aparcamento apropiado no instituto de Torneiros, o 8 de xaneiro de 2009 Guener volveu demandar unha xuntanza por rexistro da que, novamente, non recibiu contestación algunha.

Así pois, dende o PP local esíxeselle ó goberno local “que sexa responsable e atenda ás citas concertadas polos veciños de O Porriño e, sobre todo, que non fagan diferencias segundo a cor política de cadaquén”, conclúe Carrera.