VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .O Parque de Maquinaria da Deputación acaba de mellorar o camiño de acceso ó Pazo Buzaca, no municipio de Moraña. Trátase dunha pista de 600 metros de longo e seis metros de ancho que tamén da acceso ó lugar de Soar e que se atopaba en moi malas condicións.
Os operarios da Deputación executaron neste punto traballos de escavación, desanche, afirmado e pavimentado. O custe contractual destas obras ascendeu a 109.000 euros.
Por outra banda, unha brigada do parque de maquinaria está traballando actualmente na reparación de mordentes no parque industrial de Moraña. Son, concretamente, reparacións no asfalto das pistas.