19 mayo 2009

El Bloque le mete caña al PP para que la Xunta deje la Gota de Leche a los sin techo

VIGO (MORRAZO-tribuna) .-A deputada do BNG no Parlamento Galego, Carme Adán, vén de rexistrar varias iniciativas no pleno do Parlamento coas que busca impulsar un consenso da Cámara que reclame a apertura do Centro para a inclusión social de Vigo, que estaría ubicado no edificio coñecido como “Gota de leite”.

O BNG ten rexistrado perguntas para a súa resposta oral e escrita e proposicións non de lei en pleno e en comisión nas que reclama “a posta en funcionamento coa maior celeridade posíbel, do centro para a inclusión social de Vigo”.

A parlamentar nacionalista indica que esta medida viría paliar de xeito inicial a “carencia crónica de equipamentos de titularidade pública para a atención das persoas ‘sen teito’ e aquelas outras en situación de grave exclusión social en Galiza”.

Carme Adán lembra no texto da iniciativa que o goberno galego elaborouna pasada lexislatura o II Plan de Inclusión Social que tiña como obxectivo xeral “debilitar os factores de exclusión e atender aos colectivos máis desfavorecidos socialmente”.

Este plan acometeu de xeito “innovador e proactivo a posta en marcha dunha serie de iniciativas que incluían un proceso de tipificación, definición e regulación legal dos equipamentos para a inclusión social das persoas severamente excluídas”.

Tal e como se recolle no Plan, nas zonas urbanas abriránse sete centros de inclusión social de 30 prazas cada un cunha funcionalidade e esixencia propios de Albergue, Centro de Día, Centro de Atención continuada e, opcionalmente, Centro de Acollida para a inclusión social.

A deputada do BNG lembra que en Vigo xa se teñen acometido as obras necesarias para transformar o edificio coñecido como “Gota de leite” nun centro para a inclusión social e, de feito, existe un claro posicionamento da cidadanía viguesa en demanda da finalización destas obras e apertura do centro. Asi, tal e como lembra, existen diversos colectivos que urxen a posta en marcha destas instalacións e que, con ese motivo, teñen convocado para este xoves unha mobilización na que demandan o apoio cidadán ás súas demandas.