04 mayo 2009

Ensayo científico en la Ría de Vigo contra la contaminación

VIGO (MORRAZO-tribuna) .Técnicos do INTECMAR, CETMAR, MeteoGalicia a Universidade de Vigo e máis do CEDRE (Centre de Documentation, de Recherche et d’Expérimentation sur les Pollutions Accidentelles des Eaux) francés, realizarán un exercicio oceanográfico, consistente na solta e seguimento de boias lagranxianas –derivadores- e trazadores disoltos –substancias inocuas que colorean o auga simulando un vertido- no que estarán auxiliados polo Servizo de Gardacostas de Galicia.

O evento, que terá o seu comezo mañá ás 11:00 horas nas proximidades da boca Sur da Ría de Vigo e rematará ás 12:00 do día seguinte, inscríbese no proxecto europeo DRIFTER (DRIFTER HNS, oil and inertpollution: Trajectory modelling and monitoring)-coordinado dende Galicia polo CETMAR- que ten por obxectivo a mellora da capacidade de seguimento da deriva de manchas de hidrocarburos, substancias perigosas e corpos inertes, así como a predición da súa traxectoria. Ademais, preténdese ampliar os coñecementos do axuste das técnicas de seguimento e predición ao movemento real dos vertidos, e mellorar tamén os protocolos de comunicación e difusión dos resultados.

Este exercicio é xa o 6º que se realiza en Galicia neste marco, pero ten a novidade de empregar as substancias trazadoras, que estarán seguidas en todo momento por mar e ar, polo Servizo de Gardacostas, e a través dun fluorímetro, polos técnicos do CEDRE. As boias derivantes -localizadas por GPS- ademais de visualmente, serán seguidas desde terra por telefonía móbil, polos técnicos do INTECMAR.

Os resultados quedarán plasmados, para o seu posterior estudo, nunha base de datos. Como exemplo ilustrativo, xúntanse unha foto dunha boia, así como unha imaxe de “Google Earth” na que se pode observar o percorrido das boias soltadas nun exercicio anterior na mesma posición na que o serán mañá, que despois de derivar ao unísono durante un bo tempo, dividiron en tres a súa traxectoria, segundo as súas características.

Rematado o exercicio, ás 13:30 horas do mércores, día 6, terá lugar unha reunión de coordinación do proxecto DRIFTER, entre os técnicos dos centros participantes, que ademais dos citados INTECMAR, MeteoGalicia, CEDRE, Universidade de Vigo e CETMAR, son os portugueses Hidromod e Instituto Superior Técnico de Portugal.