19 mayo 2009

Golpe de efecto ante la campaña de Lores y cía : la Xunta se reune este jueves en Pontevedra capital

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) . O Consello da Xunta reunirase o vindeiro xoves na cidade de Pontevedra. Deste xeito, o Goberno galego, encabezado polo seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, celebrará a súa xuntanza semanal na sede da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra.

Con esta decisión, o Executivo autonómico fai efectivo o seu compromiso de celebrar as xuntanzas semanais do Consello da Xunta noutras cidades de Galicia, tendo en conta que se trata dunha xornada festiva na cidade de Santiago, ao coincidir coa celebración do Día da Ascensión.